Visitas guiadas de verán 2023

Visitas guiadas de verán 2023

04 Agosto 2023/concello/Xeral

En agosto arranca 'Déixate guiar', o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de cinco visitas: Penas do CasteloCova das ChoiasOs ConventosAdegas de Vilachá e Castro de San Lourenzo.

As visitas ofrécense dende o 1 de agosto ao 15 de setembro baixo demanda de mércores a domingo ás 11:00.

Grupo mínimo 5 persoas. Para a visita a Cova das Choias, hai un máximo de 10 persoas por visita e unicamente 2 visitas á semana. 

Reserva obrigatoria para tódalas visitas:

  • Reserva Adegas de Vilachá no teléfono 616 243 250
  • Reserva resto de visitas no teléfono 650 624 828 (preferentemente por WhatsApp).​

Penas do Castelo

Un intrigante xacemento pendurado sobre o río Lor na paisaxe protexida do Courel.

A través das súas impresionantes vistas coñeceremos a paisaxe, historia e tradicións da parroquia de Salcedo, famosa polo Entroido do Oso, pero que agocha moitas máis sorpresas.

Info práctica

A Cova das Choias

Unha cova na que habita musgo luminiscente, colonias de morcegos e seres mitolóxicos.

A cova presenta moitos valores sobre os que priman os criterios de conservación dun santuario natural.

Trátase dunha visita moi limitada tanto no número de xente como nas veces nas que se pode acceder no ano coa intención de alterar o menos posible o equilibrio natural.

Info práctica

  • Punto de encontro: diante do Concello da Pobra do Brollón (Preme aquí para localización en Google Maps)
  • Desprazamento nos vehículos particulares
  • Hai un pequeno percorrido a pé ata a cova, cunha lixeira pendente
  • Duración total 1h30'
  • Para protexer a flora e a fauna da cova, esta visita ofrécese unicamente 2 días á semana, e está limitada a 10 persoas cada visita.

Os Conventos

Achégate a un lugar fascinante entre os viñedos da Ribeira Sacra, onde poderás coñecer a orixe desta paisaxe.

Nos Conventos, ribeira do Val do Frade, realizáronse dúas campañas de escavación e as primeiras datacións científicas das terrazas da Ribeira Sacra. Estes resultados permiten coñecer a orixe e evolución desta paisaxe vitícola.

Info práctica

  • Punto de encontro: campo da festa de Vilachá de Salvadur (Preme aquí para localización en Google Maps)
  • Desprazamento nos vehículos particulares
  • Duración total: 1h30' 
  • Visita combinable coa visita ás Adegas de Vilachá e con cata. Consulta no momento da reserva.

Adegas de Vilachá

Un conxunto único de adegas tradicionais de orixe medieval.

Ademais de coñecer o espazo, poderás entrar nalgunha adega, coñecer aos veciños e catar algún dos viños das ribeiras de Vilachá, incluídas na D.O. Ribeira Sacra.

Info práctica

  • Punto de encontro: campo da festa de Vilachá de Salvadur (Preme aquí para localización en Google Maps)
  • Duración aproximada: 1h
  • A visita inclúe cata. Custe: 3€
  • Visita combinable coa dos Conventos. Consulta no momento da reserva

Castro de San Lourenzo

Un castro que conta cunha antiga igrexa e un cemiterio medieval.

Coñece a historia do lugar e da parroquia de Cereixa a través dun proxecto de arqueoloxía en comunidade no que os veciños do pasado e do presente son os verdadeiros protagonistas.

Info práctica



RELACIONADO