Na Labrada de Lor, no lugar da Ponte podemos disfutar deste conxunto etnográfico formado por un antigo muíño sen restaurar e a Ponte de orixe romana de tres arcos, sobre o río Lor. A Ponte foi reformada en numerosas ocasións ao longo da historia, a que se conserva actualmente é do século XVI.
Conserva parte da calzada romana, sendo ademais lugar de paso do Camiño de Inverno o Camiño Sur a Santiago, que unha vez abandona Quiroga entra na Pobra neste punto.