Benestar Social

O servizo de benestar social atópase, no primeiro andar da Casa da Cultura. Dispón de:

  • Traballadora Social
  • Educadora social
  • Auxiliar Administrativo

Horario de atención ao público: De luns a venres de 9:30 a 14:00 horas

Hai que pedir cita previa no teléfono 982 430 447

Os servizos sociais teñen como obxectivo fundamental garantir as prestacións básicas aos cidadáns en situación de necesidade. Para a realización destas funcións os servizos sociais contan con recursos humanos, técnicos, financieiros e materiais, a través dos que xestionan os correspondentes programas de actuación social.

No concello da Pobra do Brollón, os servizos sociais comunitarios teñen un carácter predominantemente local, constitúen a canle de acceso ao Sistema Público de Servizos Sociais de Galicia e caracterízanse pola súa proximidade á cidadanía.

Programas de benestar social básicos

  • Programa de Valoración, Orientación e Información.

  • Servizo de Axuda no Fogar

  • Servizo de Educación e Apoio Familiar

  • Servizo de Conciliación Familar

  • Programa Básico de Inserción Social

  • Programa de Fomento da cooperación e solidariedade social.

Programas de benestar social específicos do concello da Pobra do Brollón:

  • Programa específico de atención a persoas con limitacións na súa autonomía e ás súas persoas coidadoras, mediante servizos de atención diurna, a través do Centro de día situado en Avenida de Outeiro s/nº. Tlfno: 982 430 311

  • Programa específico de Emerxencia Social Municipal, dirixido a garantir as necesidades básicas das persoas. Dentro deste programa o concello da Pobra do Brollón colabora co Banco de Alimentos da Cruz Vermella de Lugo, para poder ofrecer alimentos ás familias que o precisen.

  • Programa de Xantar na Casa: constitúe un servizo de comida a domicilio, que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes.

  • Programa Conciénciate: destinado a toda a poboación pero preferentemente aos maiores de 60 anos, como un programa de Prevención da Dependencia. En períodos estivais, este programa tamén ofrece unha serie de actividades destinadas aos menores, co fin de favorecer a conciliación laboral e familiar (verán e Nadal). Actividades de Conciénciate:
    • Balneoterapia

    • Talleres de Estimulación Cognitiva

    • Talleres de Obradoiros Tradicionais

    • Ximnasia de Mantemento

    • Saídas Culturais

II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2023-2027

Preme na imaxe para acceder ao Plan (PDF)

Servizo de Atención Temperá en convenio coa Unidade de Atención Temperá de Quiroga

 

Consorcio Galego

 

Accede desde aquí ao departamento de Política Social da Xunta de Galicia