Alcaldía


      Xosé Lois Maceda Vilariño. Alcalde da Pobra do Brollón

Quero darvos a benvida á web do Concello da Pobra do Brollón.

Unha fiestra aberta para amosar e descubrir os tesouros que agocha esta Terra Guímara, paisaxe, xentes, cultura, patrimonio, gastronomía, etc.

Por outra banda, os veciños e veciñas ides dispoñer de información relativa á administración municipal; abrir as portas do noso Concello para avanzar en transparencia e participación cidadá.

Convídovos a que entredes nesta páxina web, desfrutedes e aproveitedes esta ferramenta, axundándonos tamén a mellorala. Como Alcalde tedes o meu compromiso de que traballaremos día a día para a súa actualización

e mellora, para facer do noso concello da Pobra do Brollón un lugar aberto, transparente e moderno.

Recibide un afectuoso saúdo.

Xosé Lois Maceda Vilariño