Parroquias

ABRENCE, SAN XOAN DE / BARXA DE LOR, SANTA MARIÑA DE / CANEDO, SAN MIGUEL DE / CASTRONCELOS, SANTIAGO DE  / CASTROSANTE, SANTA MARIÑA DE / CEREIXA, SAN PEDRO DE / EIXÓN, SAN XURXO DE / FERREIROS, SAN SALVADOR DE / FERREIRÚA A, SAN MARTIÑO DE / FORNELAS, SANTA COMBA DE / LAMAIGREXA, SAN PEDRO DE / LIÑARES, SAN COSME DE / ÓUTARA, SANTA MARÍA DE / PARADA DOS MONTES, SANTA EINÉS DE / PINEL, SANTA MARÍA DE / PIÑO, SANTA MARÍA DE / POBRA DO BROLLÓN A, SAN PEDRO DE / SAA, SANTA MARÍA DE / SALCEDO, SAN XOAN DE / SANTALLA DE REI / VEIGA, SAN XIÁN DE / VILACHÁ, SAN MAMEDE DE / ARCIPRESTADO DE SANTALLA DE REI

 

ABRENCE, SAN XOAN DE

Lugares: A Casanova,  A Encrucillada,  A Estación,  Fondo de Vila,  A Fonte,  A Frieira,  Golmar,  O Souto, O Val, A Pereira.

Limita ao norte coas parroquias de Cereixa e Castroncelos, ao leste con Barxa de Lor,  ao oeste con Pinel e ao sur con Liñares e Quintá de Lor. O centro da localidade está situado a 483 m de altitude, ao sur da estrada N-120.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

A Estación

A Estación da Pobra do Brollón, é un núcleo e aldea do concello da Pobra do Brollón, que forma parte de tres parroquias: AbrenceCastroncelos e Cereixa.

A Estación está situada moi preto, a escasos 2 km, da capital municipal, ao norte da estrada N-120 e da vía de ferrocarril A Coruña-Palencia.

PATRIMONIO

  • Igrexa parroquial de San Xoán de Abrence do século XVI
  • Casa do Pacio
  • Castro de Abrence
  • Capela de San Isidro da Estación

O primeiro domingo de setembro celébranse as festas na honra a Santa Lucía.

 

BARXA DE LOR, SANTA MARIÑA DE

Lugares: Barxa,  A Carballeira, O Castro,  A Labrada,  A Lama,  A Marquesa,  Peago, A Ponte.

Limita ao norte coa parroquias de Salcedo, ao leste con Vilar de Lor, ao sueste e sur con Quintá de Lor, e ao oeste con Abrence.

As festas máis importantes son as do Carme, na Labrada, no mes de xullo.

A Ponte 

Está situada a 292 m de altitude, no interior dun meandro do río Lor, que rodea á aldea polo norte, leste e sur. Nela encóntrase a igrexa parroquial  o cemiterio e a ponte da Labrada ou a ponte da Barxa, de orixe medieval que une Barxa de Lor con Quintá de Lor, xa no concello de Quiroga

A Labrada

Está situada a 301 m. de altitude, baixo o viaduto da Labrada da estrada nacional N-120 e na ribeira dereita do río Lor.

A aldea celebra as súas festas na honra da Virxe do Carme, no mes de xullo.

O Castro

Está situada a 384 m. de altitude, moi preto dun castro que lle da nome.

PATRIMONIO

  • Igrexa parroquial de Barxa do Lor, século XVIII
  • Capela do Castro de Lama
  • Casa da Marquesa
  • Ponte de Barxa do Lor, de época medieval
  • Ferrería do Lor, ruinas.
  • Muiño de Barxa do lor
  • Monte da Medorra
  • Castro da Lama

 

CANEDO, SAN MIGUEL DE

Lugares: Aldea de Abaixo, Aldea de Arriba, A Eirexe, A Ermida, A Fonte, A Presa, Quintairo, Telo.

Linda coas parroquias de Laiosa ao noroeste, Óutara ao nordés e leste, aFerreirúa ao sur, e Freituxe ao oeste.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa de San Miguel, de época neoclásica.
  • Capela de San Xoán
  • Local Social de Canedo
  • Casa de Barredo.
  • Peto de San Antón
  • Cruceiro de Canedo
  • Castro da Medorra
  • Dúas mámoas
  • Monte do Castro (toponimia)

Festas na honra a San Miguel, celébranse a finais de setembro.

Festas na honra á Virxe do Carme, celebrábanse o primeiro domingo de setembro.

 

CASTRONCELOS, SANTIAGO DE 

Lugares: Castroncelos, O Empalme, A Estación, Martul, Outeiro, Piñeiros, Vilarmao.

Limita coas parroquias de : A Pobra do Brollón e Lamaigrexa polo norte, Cereixa polo oeste, Salcedo polo leste e  Abrence polo sur.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa de Santiago.
  • Capela de Facendas, en Piñeiros.
  • Casa do Mesón.
  • Local Social de Castroncelos.
  • Local Social de A Estación.
  • Area recreativa da Estación.

As festas de Castroncelos celébranse na honra a Santiago Apóstol, patrón da parroquia, o día 25 de xullo.

De Vilarmao é a escritora Olga Novo.

 

CASTROSANTE, SANTA MARIÑA DE

Lugares: Alto de Santa Lucía e Castrosante

Linda ao noroeste con Santalla de Rei, ao norte con Ferreiros, ao leste con Saa, ao sur con Cereixa e A Pobra do Brollón e ao oeste con Eixón.

No ano 747 e 891 sona xa  Castro Santi, no primeiro como término de Santa Eulalia de Ribacave e no segundo como límite de Lemos. Presentación do vínculo fundado por don Matias de Osorio señor da casa chamada de Guntín de Pino e outras máis.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • A igrexa de Santa Mariña con altar maior rococó..
  • Consérvanse algúns restos do antigo Castro de Santa María, que foi destruído e que lle dá nome á parroquia.

As festas da parroquia celébranse en agosto na honra a San Roque.

 

CEREIXA, SAN PEDRO DE

Lugares: A Albariza, Alende, As Areas, Cima de Vila, A Estación, O Falcón, A Ponte, Guntiñas, Nogueiras, Rairos, A Zapateira.

Limita ao norte coas parroquias de Eixón e Castrosante, ao sur con Pinel e Abrence, ao leste coa Pobra do Brollón e Castroncelos, e ao oeste con Fornelas e Chavaga.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

Nesta parroquia naceu María Castaña, impulsora das revoltas contra o bispo de Lugo no século XIV. Na zona de Nogueiras hai os restos dun muíño no que a fidalga se reunía para planear as revoltas.

PATRIMONIO

  • Iglesia de San Pedro
  • Capela de Nogueiras
  • Castro de San Lourenzo
  • Muiño de Cereixa

As festas da parroquia celébranse na honra á Virxe do Rosario, en outubro. 

En agosto celébrase a romaría  de San Lourenzo.

http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.12024.php

 

EIXÓN, SAN XURXO DE

Lugares: Alende, Barrio de Arriba, A Lama, A Nogueira, O Porto, A Vila.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

Limita ao norte coas parroquias de Piño e Santalla de Rei, ao sur con Cereixa, ao leste con Castrosante e ao oeste coa Parte e Fornelas.

río Cabe atravesa a aldea procedente de Santalla de Rei, e separa as entidades de Barrio de Arriba, A Lama e A Vila, de Alende, A Nogueira e O Porto. A parroquia ten un gran desnivel, dividindo en dous. Arriba está o Barrio de Arriba e parte da Vila e abaixo as demais entidades.

PATRIMONIO

  • A igrexa parroquial de San Xurxo, de época neoclásica
  • Local Social de Eixón, antiga escola.
  • Muiño de Eixón
  • Pedrío do Castro (toponimo)
  • Agra de Pacios

Festas de San Xurxo, patrón da parroquia, o 23 de abril.

Festas de San Bartolomé  o último domingo de agosto.

 

FERREIROS, SAN SALVADOR DE

Lugares: O Campo, Cima de Vila , Fondo de Vila, Forgas, A Lama, O Souto, A Veneira de Roques.

Limita ao norte coas parroquias da FerreirúaSan Pedro do Incio e Trascastro polo norte, Saa polo leste, Saa e Castrosante polo sur, e Veiga polo oeste.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

A primeira noticia documental que temos sobre esta parroquia data do 18 de abril de 1181 cando Elvira Fernández fai doazón dunha parte do mosteiro de Ferreiros á Orde Hospitalaria de San Xoán. Así mesmo, Martín Pérez, el Mosero, ofreceu á Igrexa de Santa María de Lugo e a o seu bispo o dereito de padroado que lle pertencía en San Salvador de Ferreiros, en compensación do sacrilexio que cometera ao violar a Igrexa de Lóuzara.

PATRIMONIO

  • Igrexa de San Salvador. Conserva restos románicos do século XII
  • Casa de Díaz
  • Local Social de Ferreiros
  • A Medorra
  • Ponte do río Forgas
  • Muiños de Forgas
  • Capela de Santa María Madanela, no lugar da Veneira de Roques.

Festas do Ecce Homo: o 14 de setembro, pero celebrada actualmente o 10 de agosto.

Celebrábanse o 3 de febreiro as Festas do San Brais.

 

FERREIRÚA A, SAN MARTIÑO DE

Lugares: A Barxa, O Corral, A Ferreirúa de Abaixo, Marcón, Pacios de Veiga, O Pumar, Valdolide.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

Limita coas parroquias de Canedo ao noroeste, Óutara ao norte, San Pedro do Incio ao nordés, Ferreiros ao leste e sur, e FreituxePiño e Veiga ao oeste.

Nela está o pico da Mioteira, de 871 m de altitude.

PATRIMONIO

  • Igrexa de San Martiño da Ferreirúa
  • Igrexa de Santa Eufemia de Pacios de Veiga
  • Casa Grande de Marcón, fundada en 1466
  • Colexio Cristo Rei,  institución das irmás "Obreras de Jesús".
  • Casa da Torre
  • Local Social de Ferreirúa
  • Local Social de Pacios de Veiga
  • Área Recreativa As Veigas, ó pé  da Mioteira camiño de Monteagudogl.wikipedia.org/wiki/Casa_Grande_de_Marc%97.
  • Muíño da Corredoira
  • Muiños de Pacios de Veiga
  • A Medorra (Restos Arqueolóxicos)

Festas de San Antón celébranse a  fin de semana seguinte á Pascua. 

Festas de San Froilán celébranse o primeiro domingo de outubro, en Pacios de Veiga.

Festa das Tortillas que se celebra na area recreativa da Ferreirúa o segundo sábado de agosto.

 

FORNELAS, SANTA COMBA DE

Lugares: A Arcoia, O Campo, A Corredoira, O Fondón, Lugar de Abaixo, Lugar de Arriba, O Pumar.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

Limita coas parroquias de Eixón ao norte, Cereixa ao leste, Chavaga ao sur e A Parte ao oeste.

Hai documentos nos que aparece como pertencente ao convento de San Zoilo de Carrión.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Quedan restos do antigo Castro de Montecelo, no monte do mesmo nome.
  • Igrexa de Santa Comba de Fornelas.
  • Capela de San Caietano
  • Casa do Coruxo

As festas da parroquia celébranse o primeiro domingo de agosto na honra a San Antón.  Antigamente, celebrábanse en xaneiro.

 

LAMAIGREXA, SAN PEDRO DE

Lugares: Carril, Lamaigrexa, Martul de Alende, Recemunde, Tudriz, Vilar de Peras, Loureiro.

Nun documento do 1221 cítase a freguesía de Lama Ecclesia.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa Parroquial, século XVIII
  • Capela da Ferrería de Loureiro
  • Local Social de Lamaiglesia
  • Ferrería de Loureiro
  • Ponte Medieval de Recemunde
  • Castro de Lamaiglesia, con restos da estructura defensiva.

As festas de Lamaiglesia celébranse no mes de xuño na honra a San Antón

 

LIÑARES, SAN COSME DE

Lugares: Covos, Guariz, Linares, Santiorxo.

Limita coas parroquias de Pinel e Abrence ao norte, Abrence e Quintá de Lor ao leste, Vilachá e Rozavales ao sur, e Sindrán ao oeste.

PATRIMONIO

  • A igrexa Parroquial de San Cosme, século XVII
  • Capela de Santiorxo.
  • Fonte do Medo

Restos arqueolóxicos:

  • Asentamento de A Mesa
  • Asentatamento de Pena de A Silla

Celebran as Festas do Rosario en agosto.

 

ÓUTARA, SANTA MARÍA DE

Lugares: A Aira Vella, Biduedo, Bruñeira, O Couto, Óutara, Porvenza, O Pumar, A Rúa do Pozo.

Linda ó norte con Eirexalba e Santa Cruz do Incio, ó sur con Canedo e Ferreirúa, ó leste co Hospital e San Pedro do Incio e, ó oeste con Laiosa.

topónimo de Ouctar aparece nun documento da catedral de Lugo do 17 de novembro de 1202.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

Está bañada polo río Cabe no lugar de Biduedo e nas proximidades desta pequena aldea está a Cova das Choias, un dos paraxes naturais máis coñecidos da Terra de Lemos. A cavidade ten unha profundidade duns 120 metros e foi explotada como mina de ferro entre os séculos XVI e XVIII.

As altitudes máximas atópanse nos Montes de Óutara.

PATRIMONIO

  • Igrexa parroquial é do século XVII.
  • Local Social de Óutara
  • Cova das Choias
  • Capela da Ferrería
  • Capela de Biduedo
  • Ferrería de Biduedo
  • Castro de Xunqueiro no que fai anos se atopou unha estatuíña romana.

As festas de Óutara, na honra da Virxe do Carme, celébrábanse o 15 de setembro pero na década de 1970 cambiáronse para o primeiro domingo de agosto.

 

PARADA DOS MONTES, SANTA EINÉS DE

Lugares: Couso, Parada dos Montes e Río de Bois.

Linda coa parroquia de Saa polo noroeste, Vilamor polo nordés e leste, Salcedo polo sur, e Lamaigrexa e Saa polo oeste.

Couso, aldea situada a 780 metros de altitude.

Río de Bois, lugar situado  a 725 metros de altitude. Na aldea está a ermida de San Sebastián, o muíño de Río de Bois e a casa da Forcada.

 PATRIMONIO

  • Igrexa Parroquial de Parada de Montes
  • Ermita do Carballal
  • Ermita do Mazo de Santigoso
  • Ermita de Río de Bois
  • Muiño comunal de río de Bois
  • Bodega Casa San Antonio  en Couso
  • Fornos do pan en Couso

As festas parroquiais celébranse na honra a Santa Einés, cara ao 21 de xaneiro. A festa non se celebrou durante 25 anos pero recuperouse no 2007.

 

PINEL, SANTA MARÍA DE

Lugares: Cabo, A Campaza, As Casas, A Eirexa, A Lama.

Linda coas parroquias de Cereixa ao norte, Abrence ao leste, Liñares ao sur, e ChavagaBascós e Sindrán ao oeste.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa Parroquial
  • Capela de San Amaro (desaparecida)
  • Medorra de Cabo

As Festas da Nosa Señora celébranse o 15 de agosto.

 

PIÑO, SANTA MARÍA DE

Lugares: Corral da Gándara, O Lugar, O Pacio,  O Requeixo,  Suhortos e Vales.

Limita ao norte coas parroquias de Mosteiro e Freituxe, ao sur coa Parte e Eixón, ao leste coa FerreirúaVeiga e Santalla de Rei, e ao oeste con Ribas Pequenas.

Fúndase con carácter de parroquia de Santa María de Piño o 18 de maio do ano 1222. No ano 1477 o abade de Castro de Rei de Lemos afóralle a Pedro Fernández o casal de Piño.

Nalgúns documentos do século XIII esta parroquia aparece co nome de Ecclia Pinu, Sancta María.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa parroquial de Santa María. Data do século XIX.  Ten retablos e esculturas no interior, algunhas da anterior edificación sita no lugar do Castro.
  • Local Social de Piño
  • Area recreativa do Souto Grande
  • Capela de Balboa . Construída no ano 1634 por D. Matías López Pallares
  • Consérvanse restos dun castro prehistórico moi preto da actual localización da aldea.

As festas da Santa Bárbara celébranse o primeiro sábado despois da Ascensión, normalmente no mes de maio.

O 15 de agosto celébrase a Santa María, patrona da parroquia.

 

POBRA DO BROLLÓN A, SAN PEDRO DE

Lugares: Arribas, O Brollón, Fontela, A Pobra do Brollón, Santo Adrián.

Linda con Castrosante e Saa polo norte; Cereixa e Castroncelos polo sur; Lamaigrexa polo leste e, Cereixa polo oeste.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa de San Pedro
  • Ermita de Santo Adrián
  • Peto de San Antón
  • Colexio Público
  • Centro de día
  • Centro Medico
  • Casa do Concello
  • Area Recreativa 
  • Muiños da Pobra do Brollón

Festas do Corpus, na honra ao Corpus Christi, no mes de xuño, son as principais da vila.

Festas de San Pedro

Outros eventos que caben destacar dende 2014 A Feira Guimara o primerio fin de semana de xullo e as Cores do Outono, nada máis comezar a estación o primeiro fin de semana do outono.

 

SAA, SANTA MARÍA DE

Lugares: O Barrio, O Busto, Castelán, Covadelas, Fondorallo, Lebrón, Lourente, Penadexo, A Pousa, Pradelas, Teixeira, Vilariño, O Viñal.

Linda ó norte coas parroquias de Ferreiros e Trascastro; ó sur coa Pobra do Brollón e Lamaigrexa; ó leste con Vilamor e Parada dos Montes e, ó oeste con Castrosante.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa de Santa María: construída a finais do  século XVI
  • Capela do San Vitoiro: situada no medio das montañas.  O San Vitoiro é o santo patrón das aldeas das Forgas, Covadelas, Teixeira, Pradelas, Penadexo e Lebrón.
  • Capela de Teixeira
  • Muiño de Marcos
  • Fonte de Augas de Rubín
  • Castro de Fondorallo

Festas da Nosa Señora: festas patronais, celebradas o 15 de agosto.

Romaría do San Vitoiro: celebradas o 27 de agosto na ermida.

O Busto

Está situada ao leste do concello, nos seus límites, a uns 1100 m de altitude, en plena Serra do Courel. Unha estrada sobe desde A Pobra en dirección á PousaPenadexo e Pradelas, e despois convértese nunha devasa de 4 km, que conduce ó Busto.

Preto da aldea están as montañas de Pena Redonda e a Pena dos Catro Cabaleiros, onde se reunían os habitantes do IncioSamosFolgoso do Courel e A Pobra do Brollón.

Hai moitos anos, unha mina de ferro era explotada no lugar, onde aínda se poden ver os restos entre as silvas. Consérvanse restos do Muíño do Lucas.

 

SALCEDO, SAN XOAN DE

Lugares: Beirán, Domiz, O Pereiro e Salcedo.

Limita coas parroquias de Lamaigrexa e Parada dos Montes ao norte, Lamaigrexa e Castroncelos polo oeste, Vilamor ao leste, e Barxa de Lor e Vilar de Lor ao sur.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa parroquial da segunda metade do s. XVIII
  •  Local Social
  • Museo etnográfico
  • Entroido de Salcedo

https://gl.wikipedia.org/wiki/Entroido_de_Salcedo

https://gl.wikipedia.org/wiki/Oso_de_Salcedo

  • Refuxo de Pescadores
  • Mirador na ruta do mel e a castaña.

Restos arqueolóxicos:

  • Mámoas de Chao, do Teso e  da Lagoa
  • Castro de Domiz
  • Roda do Castro.

 

SANTALLA DE REI

Lugares: O Reguengo e A Ribeira.

Limita coas parroquias de Veiga polo norte, Castrosante polo leste, Eixón polo sur e Piño polo oeste.

Figura en documentos antigos como Santalla de Mouro Queimado, ou Santalla do Rei Queimado que din algunhas lendas e tamén os veciños da zona. O nome de Santalla deriva de Santa Baia e o último nome dálle o apelido de Rei.

O único río que transcorre pola parroquia é o Cabe que entra polo Couto e divide a localidade en dúas metades. A maioría da aldea sitúase na cara oeste aínda que quedan algunhas casas na outra ribeira, do lugar da Ponte. Pertence á rede hidrográfica Miño-Sil e é tamén o principal río do concello.

Pertence ao arciprestado dIncio-Santalla de Rei.

PATRIMONIO

  • Igrexa de Santalla. Data do século XVIIcon retablo maior de corte renacentista,  ten ao seu redor o cemiterio parroquial.
  • Muíño do Folla, situado na ribeira dereita do río Cabe, no Reguengo, agora en desuso, restaurado e de propiedade privada

As festas parroquiais celébranse, cunha tradicional romaría, o penúltimo sábado de agosto na honra a Santa Lucía. Os principais actos son a procesión e a misa, na que os devotos lle pasan panos polo ollos á imaxe de Santa Lucía, patroa da vista.

Celebrábase antigamente o 26 de setembro e seguía o 27. Era costume que veciños doutras aldeas da zona fosen comer ó campo da festa de merenda. Tamén era tradicional unha actuación de titores chamados Os Barrigaverdes. Nos anos 70 cambiouse a agosto porque normalmente chovía.

Máis Datos

Segundo aparece nun dicionario de 1850[3], o lugar de Pacios de Veiga, que actualmente pertence á parroquia da Ferreirúa, pertencía a Santalla, así como as súas dúas serras: a de Pacios e a de Portocabe.

Santalla está comunicada co resto do municipio mediante varias vías. A principal estrada que pasa pola parroquia é a LU-4703 que comunica con PiñoVeiga e coas estradas LU-652 (Bóveda-N-120) e LU-653 (A Pobra do Brollón-O Incio). Nesta estrada hai desvíos a Pacios de VeigaEixón e A Ferreirúa de Abaixo.

Hai tamén unha pista asfaltada que une a parroquia coa LU-653 en Pacios de Veiga, pasando por Cortiñas e A Ponte de Veiga.

Finalmente hai varias corredoiras e carreiros que levan a varios prados e campos, e a Eixón e Castrosante.

Santalla de Rei tamén lle deu nome a o arciprestado de moitas parroquias pertencentes aos concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón. Actualmente forma un só arciprestado co do Incio.  Hai constancia da súa existencia dende 1645.

 

VEIGA, SAN XIÁN DE

Lugares: O Campo, Centeais, Cortiñas, Outeiro, Picáis, A Ponte, Vales

Está delimitada polas parroquias de Piño e A Ferreirúa ao norte, Ferreiros ao leste, Santalla de Rei ao sur, e Piño ao oeste. A parroquia de Veiga está bañada polas augas de 2 ríos: o Cabe, que nace en Fontes, no concello do Incio, e o Picarrexo, afluente do Cabe e que desemboca na mesma parroquia.

No ano 1255 hai constancia da venda dos tres muiños de Ameendo en Lemos ao abade de Oseira .

PATRIMONIO

  • Igrexa románica de San Xián: data da segunda metade do século XII 
  • Granxa de Robles
  • Muiños de Cortiñas
  • Capela de Cortiñas
  • Castro de Veiga
  • Lugar de A Torre

As festas da parroquia celébranse no mes de xuño na honra o Corpus Christi. A festa non se celebrou durante moitos anos,  máis de 50, pero hai poucos anos retomouse a festa, por decisión dos veciños. Durante os anos que non había festa celebrábase a Santa Lucía de Santalla de Rei.

Canteáis é o lugar máis poboado da parroquia de Veiga, no concello lugués da Pobra do Brollón.

Aínda que forma parte de Veiga, os seus veciños realizan os trámites relixiosos en Piño pola súa proximidade a esta parroquia.

topónimo Centeais alude a terras de centeo polo que cabe deducir que noutras épocas eran amplos os cultivos do cereal nesta zona. Este lugar é famoso na zona por unha lenda chamada "lenda dos lobos".

 

VILACHÁ, SAN MAMEDE DE

Lugares: A Abelaira, A Eirexa, Trasmonte, Vilachá

Linda coas parroquias de Liñares polo norte, Quintá de Lor e Augas Mestas polo leste, Torbeo polo sur, e Rozavales e Vilamarín polo oeste. O topónimo procede do latín VILLAM PLANAM, "vila situada nun lugar chan".

PATRIMONIO

  • Igrexa de San Mamede de Vilachá, que foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario.
  • Miradoiro da Capela, no Canón do Sil.
  • Adegas de Vilachá de Salvadur

Cata do Viño de Vilachá da D.O. Ribeira Sacra, o primeiro fin de semana de maio.

Festas de San Mamede a principios de agosto.

 

ARCIPRESTADO DE SANTALLA DE REI

Para a parroquia homónima, véxase: Santalla de Rei, A Pobra do Brollón.

Santalla de Rei foi un arciprestado pertencente á diocese de Lugo que abranguía os concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón. Estaba composto por 19 parroquias matrices e 5 anexas.

Hai constancia da súa existencia dende 1645. Dende 2006 formou, xunto co arciprestado do Incio, o Arciprestado do Incio-Santalla de Rei, por falta de sacerdotes na zona.[1] A reestruturación do 2010 levou tamén á desaparición deste arciprestado