A área recreativa do San Vitoiro é tamén escenario dunha das romarías máis tradicionais e atractivas do sur da provincia de Lugo, na honra ao santo do mesmo nome. A romaría celébrase o 27 de agosto.
O San Vitoiro está na parroquia de Saa, o conxunto fórmano a capela, os espazos á beira de regato Lebrón, a fonte e o miradoiro.
Estamos nun espazo de gran beleza, onde a natureza manda. O terreo á beira da auga ten bastantes desniveis, pero iso confírelle unha grande personalidade ao crear un escenario cheo de peqenas pozas e saltos de auga, onde o protagonista é o frescor que dan as árbores e o constante son da auga caendo.
Ao mirador pódese acceder en coche ou andando nun ascenso de pouca distancia, pero case vertical, que está totalmente preparado para o ascenso. Unha vez arriba, desfrutaremos dunhas excelentes vistas e das figuras que crea a pedra neste lugar.