Convócase o 1º Concurso de carteis da Feira Guímara

Convócase o 1º Concurso de carteis da Feira Guímara

15 Abril 2025/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón convoca a primeira edición do Concurso de carteis da Feira Guímara co gaio de seleccionar o cartel anunciador da X Feira Guímara, que se celebrará o 12 de xullo de 2025.

O concurso pretende estimular a creatividade das persoas participantes sendo o cartel unha peza moi visible en todas as accións de comunicación que se realicen para esta nova edición da Feira. A proposta gañadora premiarase con 200 euros.

A Feira Guímara conmemora a revolta da veciñanza da Pobra do Brollón contra o Conde de Lemos en época medieval. Celébrase ao estilo dunha gran romaría no campo da feira, ao carón do río Rubín. Ademais da tradicional representación da batalla contra o Conde, a programación complétase ao longo da xornada con actuacións musicais, un mercado de produtos locais e xogos populares.

Poderá concorrer ao concurso toda a poboación maior de 18 anos. O prazo de presentación está aberto dende hoxe ata as 14:00 horas do 16 de maio. As bases do concurso pódense consultar na Sede Electrónica ou neste enlace.



RELACIONADO