Comeza a edición 2023-24 do Obradoiro de Emprego

Comeza a edición 2023-24 do Obradoiro de Emprego

20 Novembro 2023/concello/Xeral

Comeza a edición 2023-24 do Obradoiro dual de Emprego. A presentación foi o venres pasado no Incio, concello promotor desta nova edición.

Na Pobra do Brollón participarán 7 alumnos e alumnas, que realizarán ao longo dos vindeiros 12 meses actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.

O obradoiro de emprego realízase grazas a unha subvención de 532.546,20€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, co obxectivo de que persoas traballadoras desempregadas reciban cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo de utilidade pública ou interese social.

 



RELACIONADO