A carreira ciclista O Gran Camiño ocasionará restricións de tráfico e de estacionamento entre venres e sábado

A carreira ciclista O Gran Camiño ocasionará restricións de tráfico e de estacionamento entre venres e sábado

27 Febreiro 2025/concello/Xeral

A Pobra do Brollón será punto de saída da cuarta etapa de O Gran Camiño este sábado 1 de marzo. Para unha correcta organización da proba, haberá unha serie de cortes de tráfico e restricións ao estacionamento entre o venres e o sábado.

As restricións de estacionamento comezarán este venres 28 ás 17:00 horas e rematarán o sábado 1 ás 16:00 horas. En dito período, non estará permitido aparcar na seguintes zonas: Rúa Samoeiro, Rúa Río Rubín, Avenida de Galicia (dende a rotonda ata o cruce coa Rúa Peza) e na Rúa da Feira (dende a rotonda ata a Ponte de San Antonio).

O sábado 1 de marzo, o día da proba, cortarase o tráfico entre as 11:00 e as 14:00 horas na Avenida de Galicia (dende a rotonda ata o cruce coa Rúa Peza) e na Rúa da Feira (dende a rotonda ata a Ponte de San Antonio). A estrada de Cereixa cortarase puntualmente no momento de saída dos ciclistas, que se producirá ás 13:30 horas.

O Concello da Pobra do Brollón agradece a colaboración da veciñanza e anima a asistir á saída dos ciclistas. O punto de saída será na Avenida de Galicia, á altura da área recreativa.



RELACIONADO