A XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños celebrarase o domingo 20 de outubro

A XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños celebrarase o domingo 20 de outubro

13 Setembro 2024/concello/Xeral

XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón terá lugar o domingo 20 de outubro de 2024 a partir das 12:30 no Pavillón municipal.

Con esta xuntanza propoñemos pasar un día de lecer e convivencia en compañía dos nosos veciños e veciñas guímaros. Celebraremos un xantar popular, amenizado con sorteos e música da Escola Samoeiro.

A xuntanza está aberta a todo o mundo de calquera idade que queira participar. Os veciños maiores de 60 anos e os seus respectivos cónxuxes ou parellas (aínda que non superen dita idade) terán un prezo reducido de 15€. Para gozar deste prezo subvencionado, deben estar empadroados no Concello.

Os nenos e nenas de ata 14 anos empadroados no Concello terán tamén un prezo reducido de 10€. Para os menores de 14 anos que non estean empadroados, o prezo será de 15€.

Para o resto de veciños e veciñas que desexen acudir (incluso aqueles que estean sen empadroar), o prezo será de 25€.

O prazo para apuntarse remata o día 15 de outubro. Para ter o menú subvencionado, será imprescindible presentar a carta que recibirá no seu domicilio.

A inscrición deberá realizarse de xeito presencial na Biblioteca Municipal na Casa da Cultura “Olga Novo” de luns a venres. Para máis información pode contactar coa Biblioteca no teléfono 982 430 546.

Para facilitar a asistencia á Xuntanza, haberá servizo de transporte gratuíto por todo o Concello. As persoas que precisen transporte, deben solicitalo na Biblioteca no momento da inscrición.

O xantar inclúe: Empanada, Polbo, Carne ó caldeiro, Postre, Bebidas e café.



RELACIONADO