En outubro comezan as Tardes de Ludoteca, unha iniciativa da oficina de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón para facilitar ás familias a conciliación laboal e familiar nas horas posteriores á saída do colexio.
As Tardes de Ludoteca terán lugar nas aulas da Escola de Música municipal, en horario de 15:45 a 17:15.
Os luns, mércores e xoves, ofrécense tardes de lecer educativo para a cativada de 3 a 12 anos. Os martes, haberá apoio socio-educativo. A inscrición na actividade de apoio será valorada polo equipo de Servizos Sociais en colaboración co colexio, en función das necesidades dos nenos e nenas.