Para conmemorar o Día da Biblioteca, este venres nenos e nenas están convidados á biblioteca municipal da Pobra do Brollón a un espectáculo con Tarabelos para ‘debuler’: debuxar o que se le.
A cita trátase dun espectáculo que mestura narración oral, ilustracións e a técnica xaponesa centenaria kamishibai para descubrir o valor de lendas como piratas, dragóns, celtas, biosbardos... O resultado será unha sesión participativa onde as ilustracións se poden ver, tocar, manipular, incluso vestir.
O espectáculo será o venres 25 ás 17:00 da tarde na biblioteca municipal (Casa da Cultura ‘Olga Novo’).