Chega unha nova edición do Concurso de Tapas da Pobra do Brollón

Concurso de Tapas da Pobra do Brollón

Chega unha nova edición do Concurso de Tapas da Pobra do Brollón

15 Novembro 2019/concello/Xeral

O último venres de novembro comeza o XI Concurso de Tapas da Pobra do Brollón. Este ano participan sete establecementos; catro bares na capitalidade (O Pirata, Avenida, La Vieja Taberna, 1º de Maio), dous en Salcedo (A Cantina de Julia, A Salanova) e un en Cereixa (O Fogón). 

‘Trátase dunha iniciativa xa consolidada no noso concello que permite dinamizar a hostalaría guímara animando a veciños e visitantes a participar coas súas votacións,’ comenta Mónica Rodríguez, a concelleira de eventos. ‘Ademais, o Concurso de Tapas coincide coa ponte de decembro e empalma directamente cos Cantos de Taberna o sábado 7 de decembro, polo que esperamos que a participación sexa máxima.’

Dende o 29 de novembro ata o 6 de decembro os establecementos ofrecerán a súa tapa a un prezo de 1,50€ para a súa degustación e valoración por parte dos consumidores. Son estes os que conforman o xurado popular que coas súas votacións elixen as mellores tapas para a entrega do primeiro, segundo e terceiro premio. Valorarase positivamente na decisión dos premios a promoción de viños da Ribeira Sacra.

Entre todos os que votaran sortearase un agasallo que consistirá nun circuíto termal e unha noite para dúas persoas noHotel Oca Augas Santas de Ferreira de Pantón. A entrega de premios e do agasallo realizarase o día 5 de xaneiro na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ dentro dos actos dos Reis.

Consulta as bases do Concurso de Tapas picando aquí. 



RELACIONADO