A Pobra do Brollón, e concretamente o conxunto de adegas de Vilachá, será escenario por primeira vez do FanCine de Lemos, festival de cine fantástico da Terra de Lemos.
Este venres 8 de xullo acollemos unha tarde-noite arredor de videoxogos e cine fantástico, onde non van faltar o viño e a troula (como non!).
Ademais de proxectar unha sesión de curtas da sección oficial do FanCine de Lemos, poderemos ver a longametraxe Malencolía, coa presenza do director Alfonso Zarauza e a actriz Ledicia Sola.
Proxectaremos ademais de xeito continuo episodios da serie documental Adegas da Memoria.
E como esta VIII edición do FanCine de Lemos está dedicado á relación entre cine e videoxogos, contaremos con Iago Gordillo (Recuncho Gamer Podcast) que vai realizar nunha das adegas un programa especial sobre este tema.
Horarios no cartel que incluímos abaixo.
Consulta o programa completo do FanCine de Lemos na súa web: https://www.fancinedelemos.com/programa22