Información do Obradoiro dual de Emprego 2024-25

Información do Obradoiro dual de Emprego 2024-25

29 Agosto 2024/concello/Xeral
O Concello da Pobra do Brollón volverá ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego 'Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón' 2024-2025. O obxectivo é o mantemento e acondicionamento de xardíns e zonas verdes, incluídas rutas de sendeirismo, no noso municipio.
 
Xa está aberto o prazo para anotarse no obradoiro na Oficina de Emprego de Monforte de Lemos. As persoas interesadas en participar, ademais de estar inscritas como demandantes de emprego e dispoñibles para o emprego, tamén deben estar anotadas/os no obradoiro concreto na Oficina de Emprego de Monforte de Lemos.
 
A selección de participantes, tanto alumnado-traballador como o resto de persoal, levarase a cabo unha vez aprobadas e publicadas as bases de selección nos taboleiros de anuncios dos tres Concellos participantes.
 
No caso do Concello da Pobra do Brollón, informaremos previamente na nosa web e redes sociais, e publicarase no taboleiro físico da Casa do Concello e na Sede Electrónica.


RELACIONADO