II Festival Científico de Galicia

II Festival Científico de Galicia

15 Xullo 2021/concello/Cultura

A Pobra do Brollón acolle esta fin de semana o II Festival Científico de Galicia, promovido pola Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica. A iniciativa conta co apoio do Concello da Pobra do Brollón, da Asociación Veciñal 'María Castaña' de Cereixa, e do Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa. 

Durante o sábado e o domingo haberá na capital do municipio e nas parroquias de Cereixa e Vilachá de Salvadur unha serie de conferencias e actividades de divulgación a cargo dos coñecidos neurocientíficos Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, da investigadora e divulgadora Luisa Martínez Lorenzo e do físico Dosi Veiga, entre outros. As xornadas inscríbense por outro lado nos actos conmemorativos do bicentenario do antigo municipio de Cereixa.

A continuación detállanse as actividades que se ofrecerán durante a fin de semana:

Sábado 17 de xullo. 

Mañá. 

10:30-13:30. Praza da Condesa no casco vello da Pobra do Brollón.

Benvida do alcalde Xosé Lois Maceda.

  • Casto Rivadulla: A que cheiran as cores?

  • Luísa Martínez: Puf vaia peido.

  • Xurxo Mariño: Reflexión sobre a linguaxe humana.

  • Xurxo Ayán: Onde as rúas non teñen nome.

  • José Arcas: Viches iso? Un singular percorrido pola vida das aves invisibles.

Tarde

16:00-17:30. Os Carballos, Cereixa

Xurxo Ayán: Na procura do templo perdido.

17:30-19:00 Lamas, Cereixa

Nieves Vidal: Árbores e camiños.

Claudio Rodríguez FerRecital, A poesía das árbores da vida.

19:30 Castro de San Lourenzo, Cereixa

Visita guiada ás escavacións arqueolóxicas.

Los Costaleros del Día Anterior: Foliada Científica.

Elemental: un espectáculo de Manuel Vicente (divulgador), César Goldi (actor) e Juanjo Fernández (pianista) [Elemental é un espectáculo que forma parte dos contidos do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.]

Dosi Veiga: O Ceo dos Lemavos.

Domingo 18 de xullo

11:00-13.30. Área recreativa de Samugueiros

Ciencia peregrina: arqueoloxía medieval no Camiño de Inverno.

Vermú científico:

  • Luísa Martínez: Xogo Síguelle a pista ao CSIC.
  • Casto Rivadulla: O gusto está sobrevalorado. Adestra o olfato.

  • Manuel Vicente e Leonor Parcero: Escoita-Cata de Radio Científica.

  • Ángel Vidal: ExpHerimentando: limóns, arte e gastronomía molecular.
  • Luísa Martínez: Achegamento á fauna mariña papando mexillóns ao vapor.

Tarde

16:30-19:30. Vilachá de Salvadur.

  • Miradoiro de A Capela: Xurxo Ayán, A Ribeira Sacra: mito, ciencia e comunidade.

  • Adegas de Vilachá: petiscos, música e viño.



RELACIONADO