Este verán na Pobra do Brollón vén cargado de citas culturais diversas e de balde. Divulgación científica, presentacións de libros, teatro, e moita, moita música.
Detallamos o programa cultural para o resto de xullo e agosto:
- Fin de semana do 17 e 18 de xullo. II Xornadas de Divulgación Científica. A Pobra, Cereixa e Vilachá.
- Xoves 22 de xullo. 20:30. Presentación de Lobo. Casa da Cultura
- Presentación de Lobo, novela policial ambientada na Pobra do Brollón, coa súa autora Pilar Macía.
- Venres 23 de xullo. 20:30. Concerto de Xabier Vizcaíno. Terraza do bar Avenida
- Domingo 25 de xullo. Concerto de Xograres de Lemos. Área recreativa Samugueiros.
- Actividade do programa ‘Musiqueando’ da Deputación de Lugo.
- Sábado 31 de xullo. 20:30. Concerto dos Cantareiros de Cantigas e Frores. Terraza do bar A Vella Taberna.
- Domingo 8 de agosto. 13:00. Concerto de Teresa Ferreiro. Terraza do restaurante 1º de Maio.
- Martes 10 de agosto. Todo o día. Romaría de San Lourenzo. Cereixa.
- Actividade organizada pola AV ‘María Castaña’ de Cereixa.
- Xoves 12 de agosto. 20:30. Presentación do libro Hasta que llegué al silencio. Restaurante 1º de Maio.
- Coa súa autora Mayte Rodríguez.
- Venres 13 de agosto. 20:30. Concerto de Os Desviaos. Kioskito (Área recreativa de Samugueiros)
- Venres 20 de agosto. 19:00. Duncan de Palleiro. Área recreativa de Samugueiros.
- Espectáculo familiar de Lila Teatro, do programa Aparte Ciclos Culturais da Deputación de Lugo.
- Domingo 29 de agosto. 20:30. Concerto de Ale. Salcedo
As actividades son todas de balde, previa reserva. Consulta os números de teléfono para reservar no cartel.