Desde o concello estase a desenvolver de balde un servizo de recollida domiciliaria de mobles nas parroquias. A recollida faise todos os xoves de agosto.
Despois do pasado día 2, este xoves día 9 irase a Óutara, Canedo, Santalla de Rei, Veiga, Piño, Eixón, Fornelas, Cereixa.
O xoves 16 de agosto visitarase Vilachá, Santiorxo, Guariz, Liñares, Pinel, Abrence, A Estación, A Frieira e Barxa de Lor.
O xoves 23 de agosto irase a Piñeiros, Castroncelos, Martul, Salcedo, Beirán, Lamaigrexa e Vilar de Peras.
Para rematar o xoves 30 de agosto en Tudriz, Recemunde, O Pereiro, Domiz, Parada dos Montes e A Pobra do Brollón.
Para solicitar a recollida cando se pase pola súa parroquia deben chamar por teléfono ao concello no 982 430 001 de luns a venres de 9.00 a 13.00 h., indicando o nome, teléfono, lugar, tipo e cantidade de refugallos a recoller. Despois o concello porase en contacto con vostedes para indicarlles hora aproximada para que depositen os residuos fóra para a súa recollida. Neste servizo non se recollen escombros de obras domiciliarias nin residuos considerados perigosos. Sí se recollen mobles, electrodomésticos e outros residuos voluminosos que polo seu tamaño non se poden depositar nos contenedores.
Desde o concello prégase aos vecinos a máxima colaboración para manter o concello limpo e saudable evitando depositar este tipo de materiais en lugares non permitidos que causan un grande impacto ambiental e un grave deterioro da nosa paisaxe.