O CIM Móbil estará novamente na Pobra do Brollón o venres 11 de setembro

O CIM Móbil estará novamente na Pobra do Brollón o venres 11 de setembro

07 Setembro 2026/concello/Xeral

O CIM Móbil estará na Pobra do Brollón o venres 11 de setembro para prestar información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres.

O CIM Móbil é un recurso da Xunta para aqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM).

Está dirixido a mulleres e a calquera persoa en asuntos relacionados coa información, a atención e a prevención da violencia de xénero.

O servizo estará a disposición de toda a cidadanía o 11 de setembro de 9:00 a 14:00 horas, na área recreativa de Samugueiros.



RELACIONADO