Avanzan as obras de rehabilitación do bloque oeste das antigas vivendas dos mestres, situadas no edificio a carón do colexio da Pobra do Brollón, para crear seis vivendas de aluguer social dun dormitorio.
Para poder optar a elas, é necesario inscribirse antes do 15 de outubro no rexistro de demandantes de vivenda dentro do Programa de Vivendas Baleiras.
O rexistro de demandantes de vivenda permanecerá aberto pasada esa data para todas aquelas persoas que estiveran interesadas en optar por outras vivendas que poidan estar dispoñibles no futuro.
Ditas vivendas poderán ser tanto de propiedade pública como privada e ofrécense dentro do Programa de Vivendas Baleiras no marco do convenio coa FEGAMP.
As persoas interesadas en rexistrarse deben acudir ás oficinas municipais na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 ou de Servizos Sociais (na Casa da Cultura, 1º andar), en horario de 9:30 a 14:00.
Para máis información poden contactar no teléfono 982 430 001.