O Concello da Pobra do Brollón levará a cabo, de xeito escalonado, un servizo extraordinario e gratuíto de recollida domiciliaria de residuos polas parroquias.
Este servizo comezará no mes de novembro do 2023 nas datas que se detallan abaixo.
Para solicitar a recollida deben chamar ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00, indicando o nome, teléfono, enderezo, cantidade e natureza dos refugallos a recoller. Despois dende o mesmo Concello, poñeranse en contacto con vostedes para indicarlles a data e hora aproximada a fin de que poidan depositar os residuos fóra para a súa recollida.
Neste servizo non se recollen escombros de obras domiciliarias, nin residuos considerados perigosos segundo a normativa vixente en residuos; tampouco se recolle residuos mesturados en bolsas ou caixas. Si se recollen mobles, electrodomésticos, aparellos eléctricos e electrónicos e outros residuos voluminosos que polo seu tamaño non poden ser depositados nos colectores urbanos.
Rógase a todos os veciños e veciñas a máxima colaboración para manter o noso Concello limpo e saudable evitando depositar calquera clase de residuos en lugares non permitidos, o que causa un gran impacto ambiental, grave deterioro na paisaxe e contaminación dos solos.
Por outro lado, é preciso que o depósito dos residuos se faga do xeito adecuado, deixándoos na rúa o día da recollida e non facer mestura de residuos dentro de bolsas ou caixas, as cales non serán recollidas.
MARTES 28/11/2023
|
MARTES 05/12/2023
|
MARTES 12/12/2023
|
MARTES 19/12/2023
|
MARTES 26/12/2023
|