As operadoras de telefonía móbil activarán nos próximos días no municipio da Pobra do Brollón os servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente. Isto permitirá á veciñanza gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura.
Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.
Se como veciño ou veciña, detectasen algún tipo de problema na visualización das canles da TDT, poden poñerse en contacto con Llega700 ao longo dos próximos 6 meses a través do e-mail ayuda@llega700.es ou no teléfono 900 833 999.