Abre o prazo de preinscrición para o curso 2023-24 da Escola de Música Samoeiro

Abre o prazo de preinscrición para o curso 2023-24 da Escola de Música Samoeiro

29 Agosto 2023/concello/Cultura

Dende hoxe 29 de agosto ata o xoves 7 de setembro, está aberto o prazo para preinscribirse nas clases da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ do curso 2023-24.

Como novidade, este ano a preinscrición pódese facer mediante un formulario en liña no que indicar ademais das clases, a preferencia horaria.

O enlace para o formulario é o seguinte: https://forms.gle/MSF8QT6KwBe6TMjKA

Tamén se pode realizar a preinscrición na Biblioteca municipal en horario de 10:30 a 13:00h, ben por teléfono no 982430546 ou presencialmente (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 2ª planta).

Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, abrirase o prazo de matrícula e de pago.

Os prezos terán un pequeno incremento para adaptalos á subida do IPC dende a última revisión en 2021. Así, a matrícula nunha materia para persoas empadroadas na Pobra do Brollón terá un importe de 110€ para o curso completo. Para persoas non empadroadas, será de 130€. Por cada materia adicional, tanto empadroadas como non empadroadas deberán aboar 60€.



RELACIONADO