Os Certames de Poesía e Postais de Nadal volven un ano máis

Os Certames de Poesía e Postais de Nadal volven un ano máis

05 Decembro 2022/concello/Cultura

Os certames son convocados pola Biblioteca municipal e a Oficina de Información Xuvenil en colaboración co CEIP A Pobra do Brollón. 

No certame de postais poden participar todas as persoas menores de 30 anos; no de poesía, os nenos e nenas ata 16 anos. En cada certame hai varias categorías diferenciadas por idades. 

O prazo para participar remata o 23 de decembro de 2022. As obras deben ser presentadas na Biblioteca municipal (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 2º andar). Consulta as bases do Certame de Postais aquí e as bases do Certame de Poesía aquí.

Os traballos premiados do Certame de Poesía participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.



RELACIONADO