Segundo os datos recibidos hoxe xoves 22 do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, actualmente hai 0 casos activos por Covid-19 no municipio da Pobra do Brollón.
Grazas á redución da incidencia no noso municipio, a partir de mañá venres 23 A Pobra do Brollón estará no nivel de restrición baixa, segundo anunciou a Xunta. Resumimos as principais medidas:
- Mantemos a mobilidade coa maioría dos concellos de Galicia (excepto os que están en nivel de restrición máxima: a partir do venres 23 serán O Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro).
- Abre a hostalería cunha ocupación do 50% no interior (4 persoas por mesa, consumo na barra non permitido) e 75% en terrazas (6 persoas por mesa).
- O horario de peche ao público de bares e cafeterías é ás 21:00. Para restaurantes é ás 23:00.
- No caso da Pobra do Brollón, os locais que abren ata as 23:00 son O Fogón (Cereixa), Bar Avenida (A Pobra do Brollón), A Cantina de Julia e A Salanova (Salcedo).
- Podemos xuntarnos en grupos de ata 4 persoas non conviventes en interior, 6 persoas en exterior, tanto en espazos públicos como privados.
- En coches particulares poden desprazarse ata 4 persoas non conviventes. O uso de máscara é obrigatorio en caso de persoas non conviventes.
- Recordamos que o toque de queda aplícase de 23:00 a 06:00.
Consulta na páxina do Sergas a lista completa de medidas.