Información sobre o Ingreso Mínimo Vital

Información sobre o Ingreso Mínimo Vital

17 Xuño 2020/concello/Xeral

O Ingreso Mínimo Vital trátase dunha prestación da Seguridade Social para garantir uns ingresos mínimos ás persoas residentes en España.

Canto é o Ingreso Mínimo Vital?

A renda garantida será de 462 euros ao mes para unha persoa adulta que viva soa. Cando se trata dunha unidade de convivencia esta cantidade incrementarase en 139 euros ao mes por cada persoa adicional, adulta ou menor, ata un máximo de 1.015 euros ao mes. Ademais, para as familias monoparentais, engádese un complemento de 100€.

Quen pode solicitalo?

Os requisitos básicos para obter o Ingreso Mínimo Vital (IMV) son: 

  • Ter entre 23 e 65 anos, ou 18 anos se hai menores a cargo.
  • Cumprir un ano de residencia legal en España.
  • Vivir independentemente polo menos 1 ano no caso de familias e 3 anos no caso de persoas soas.
  • No caso de unidades de convivencia, formarse polo menos 1 ano antes da solicitude.
  • Solicitar previamente as prestacións ás que se puidese ter dereito.
  • Estar inscritas como demandantes de emprego

Cumprindo con estes requisitos, poderán percibir o IMV tódalas persoas ou unidades de convivencia cuns ingresos menores á renda garantida (detallado arriba).

Contemplaranse algunhas circunstancias especiais para colectivos como as persoas vítimas de trata, explotación sexual ou violencia de xénero.

A Seguridade Social dispón dun simulador para comprobar se cumpre os requisitos para recibir a prestación do Ingreso Mínimo Vital e saber o importe aproximado que lle correspondería.

Como se solicita e onde atopar máis información?

Actualmente, debido á situación sanitaria, as oficinas da Seguridade Social están pechadas, polo que se recomenda solicitar o Ingreso Mínimo Vital na sede electrónica, onde hai un asistente virtual. 

En todo caso, as persoas interesadas poden acudir ás oficinas municipais de Servizos Sociais (na Casa da Cultura, 1ºandar) para recibir información e axuda na solicitude. O horario de atención ao público é de luns a xoves de 9:30 a 14:00. O teléfono de contacto é 982 430 447.

Algunhas ligazóns de utilidade: 

 



RELACIONADO