A Pobra do Brollón baixa ao nivel de restrición básica a partir deste venres 23

A Pobra do Brollón baixa ao nivel de restrición básica a partir deste venres 23

22 Abril 2021/concello/Xeral

Segundo os datos recibidos hoxe xoves 22 do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, actualmente hai 0 casos activos por Covid-19 no municipio da Pobra do Brollón. 

Grazas á redución da incidencia no noso municipio, a partir de mañá venres 23 A Pobra do Brollón estará no nivel de restrición baixa, segundo anunciou a Xunta. Resumimos as principais medidas:

  • Mantemos a mobilidade coa maioría dos concellos de Galicia (excepto os que están en nivel de restrición máxima: a partir do venres 23 serán O Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro). 
  • Abre a hostalería cunha ocupación do 50% no interior (4 persoas por mesa, consumo na barra non permitido) e 75% en terrazas (6 persoas por mesa). 
    • O horario de peche ao público de bares e cafeterías é ás 21:00. Para restaurantes é ás 23:00.
    • No caso da Pobra do Brollón, os locais que abren ata as 23:00 son O Fogón (Cereixa), Bar Avenida (A Pobra do Brollón), A Cantina de Julia e A Salanova (Salcedo). 
  • Podemos xuntarnos en grupos de ata 4 persoas non conviventes en interior, 6 persoas en exterior, tanto en espazos públicos como privados.
  • En coches particulares poden desprazarse ata 4 persoas non conviventes. O uso de máscara é obrigatorio en caso de persoas non conviventes.
  • Recordamos que o toque de queda aplícase de 23:00 a 06:00. 

Consulta na páxina do Sergas a lista completa de medidas.



RELACIONADO