Retómase o servizo de conciliación familiar durante o curso escolar

Retómase o servizo de conciliación familiar durante o curso escolar

03 Setembro 2020/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón retoma o programa de conciliación laboral e familiar para o vindeiro curso escolar.

Trátase dun servizo totalmente gratuíto para facilitar as familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. 

Este programa permite que os nenos e nenas estean acompañadxs de profesionais especializadxs realizando tarefas lúdicas e educativas no horario previo á apertura do CEIP. 

Concretamente, o servizo comezará a partir do día 14 de setembro e ofrecerase de luns a venres, de 8:00 a 9:30 h (aprox.). Os horarios serán flexibles segundo as necesidades das familias.

As familias interesadas neste programa ou en recibir información, poden facelo a través do teléfono 982430447, nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura 'Olga Novo', 1º andar) ou no correo electrónico: educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal

Cumpriranse tódalas medidas de seguridade e hixiene necesarias.

 



RELACIONADO