Retomamos o Ciclo Mestre Mateo con 'A foreign song'

Retomamos o Ciclo Mestre Mateo con 'A foreign song'

12 Setembro 2023/concello/Cultura

Tras a pausa do verán, volve o Ciclo Mestre Mateo para amosar o mellor cine galego actual. 

A primeira proxección será este domingo 17 de setembro ás 19:00h na Casa da Cultura 'Olga Novo', co filme A foreign songdirixido por César Souto.

Trátase dun documental realizado a partir de poemas e cartas do poeta estadounidense Wallace Stevens. Sobre Wallace Stevens, a sinopse da película detalla: 

Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás 6 e acostábase ás 9. Nos seus días tranquilos non hai peripecias reseñables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. [...] Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro.

A foreign song foi finalista a Mellor documental, Mellor dirección de fotografía e Mellor dirección de produción nos XXI Premios Mestre Mateo.

O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.

As seguintes proxeccións programadas son: 

  • O corpo aberto. Domingo 1 de outubro.
  • María Casares. A muller que viviu mil vidas. Domingo 15 de outubro.
  • Unicorn wars. Domingo 29 de outubro.
  • Onde máis doe. Domingo 12 de novembro.
  • No somos nada. Domingo 26 de novembro.

 



RELACIONADO