O punto limpo móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón. Actualmente atópase en Fornelas, onde estará ata o domingo ao carón da casa do cura. As seguintes paradas serán:
- Eixón (xunto ao local social) de luns 15 a mércores 17
- Piño (xunto ao local social) de xoves 18 a domingo 21
- Óutara (xunto ao local social) de luns 22 a mércores 24
- Canedo (xunto ao local social) de xoves 25 a domingo 28
- Pacios de Veiga (xunto ao local social) de luns 29 a xoves 2 de xullo
- Veiga (ao lado da fonte) de venres 3 a domingo 5 de xullo
Todos os veciños reciben de antemán unha carta informativa na que se explica como usar o punto limpo móbil, e onde e cando estará na súa parroquia.
O punto limpo móbil ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa ‘Menos residuos, máis vida’ do Concello da Pobra do Brollón. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder.
Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo municipal para a súa xestión.
Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:
- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)
- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos
- Aceite usado de cociña
- Pilas, baterías e acumuladores
- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes
- Envases baleiros de pinturas
- Tóners e cartuchos de impresoras