Próximas paradas do punto limpo móbil

Próximas paradas do punto limpo móbil

12 Xuño 2020/concello/Xeral

O punto limpo móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón. Actualmente atópase en Fornelas, onde estará ata o domingo ao carón da casa do cura. As seguintes paradas serán:

  • Eixón (xunto ao local social) de luns 15 a mércores 17
  • Piño (xunto ao local social) de xoves 18 a domingo 21
  • Óutara (xunto ao local social) de luns 22 a mércores 24
  • Canedo (xunto ao local social) de xoves 25 a domingo 28
  • Pacios de Veiga (xunto ao local social) de luns 29 a xoves 2 de xullo
  • Veiga (ao lado da fonte) de venres 3 a domingo 5 de xullo

Todos os veciños reciben de antemán unha carta informativa na que se explica como usar o punto limpo móbil, e onde e cando estará na súa parroquia.

O punto limpo móbil ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa ‘Menos residuos, máis vida’ do Concello da Pobra do Brollón. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. 

Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo municipal para a súa xestión.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:

- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)

- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos

- Aceite usado de cociña

- Pilas, baterías e acumuladores

- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes

- Envases baleiros de pinturas

- Tóners e cartuchos de impresoras



RELACIONADO