O Concello da Pobra do Brollón participa no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2022, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo.
A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan repartiuse entre investimentos, programas de SAF, fomento de emprego, promoción cultural, promoción turística local, administración electrónica e protección de datos e gastos correntes derivados da COVID-19, tal e como se detalla no documento incluído abaixo.
Tanto no programa de investimentos como no resto de programas inclúense actuacións que afectan a todas as parroquias do municipio, co obxectivo de mellorar as condicións de vida e os servizos de toda a veciñanza.