Convócase unha xuntanza para presentar o novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello

Convócase unha xuntanza para presentar o novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello

01 Abril 2024/concello/Xeral

Este venres 5 de abril o Concello da Pobra do Brollón e os axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos convocan unha xuntanza ás 18:30 na Casa da Cultura 'Olga Novo' (A Pobra do Brollón). 

A convocatoria está dirixida a comunidades de montes, asociacións veciñais, asociacións culturais, sociedade cinexética, pedáneos e veciños/as do Concello en xeral. 

Os temas a tratar son os seguintes: 

  • Presentación do novo equipo de axentes ambientais adscritos a este Concello.
  • Obxectivos que expoñemos.
  • Accións para fomentar un mellor aproveitamento dos montes e das parcelas forestais.
  • Accións para promover un contorno máis diverso, sostible e saudable e atractivo.
  • Accións para procurar, dende a xestión forestal e a prevención de incendios forestais, un Concello máis seguro.
  • Accións para achegar información sobre o eido forestal e a tramitación administrativa, minimizándolle os desprazamentos a poboación.
  • Accións para divulgar as limitacións e condición legalmente establecidas para que a xente as coñeza de maneira anticipada para evitar accións indesexables.

`



RELACIONADO