Fin de semana canina

Fin de semana canina

31 Maio 2018/concello/Xeral

O concello da Pobra do Brollón organiza os días 16 e 17 de xullo unha fin de semana canina. O sábado 16 ás 19.00 celebrarase unha candaina (andaina con cans) desde Vilachá ao Mirador da Capela, para despois cear nas adegas de Vilachá. Para participar na cea é necesario inscribirse e pagar 7€, establécese zona de acampada gratuita no pavillón.

O domingo 17 en horario de 10.30 a 13.30 no campo de fútbol dos Medos, celebrarase unha proba de agility. Ás 17.00 farase unha nova candaina desde o cuartel ao Castro de San Lourenzo, con visita guiada ao castro. Ás 18.30 haberá exhibición canina no castro, con simulación de búsqueda de persoas, detección de substancias e pastoreo. Para desenvolver esta actividade cóntase coa colaboración de Agility Compostela que fan as exhibicións, Creando Vínculo que organizan a proba de Agility e a Asociación de Veciños María Castaña. Grazas polas vosas aportacións.

Se queres gozar dunha fin de semana diferente trae ao teu can e participa, máis información e reservas no 666 435 832.



RELACIONADO