A política da Xunta en materia de prevención de incendios, dista moito de ser o que os concellos necesitan para unha loita eficaz contra o lume. Este feito constátase todos os anos e no Concello da Pobra do Brollón quedou, lamentablemente, de manifesto no 2017. O grupo de Goberno da Pobra do Brollón asegura que non pode respaldar a precariedade laboral, a escasa profesionalización na xestión do traballo dos brigadistas, a falta de medios e de dotacións técnicas que se destinan aos concellos para a loita contra o lume e a falta de criterio da Xunta nas labouras de prevención non atendendo ás necesidades reais dos diferentes municipios.
Para o alcalde, Xosé Lois Maceda, o traballo de prevención de incendios é prioritario e neste senso o concello terá a súa propia brigada, pero entende non se pode suscribir un convenio que cada ano pon de manifesto a súa ineficacia contribuíndo a incrementar a precariedade laboral dos traballadores e non conseguindo obxectivos tanto na prevención como na extinción.