O Campo de Traballo do Castro de San Lourenzo no concello da Pobra do Brollón visitará este mércores día 8 pola tarde o Campo de Traballo Rota do Románico de Pantón. O venres día 10 serán os rapaces de Pantón os que se pasen o día no Castro de San Lourenzo co Campo de Traballo Arqueolóxico que aquí se desenvolve. A visita coincidirá coa romaría de San Lourenzo, que cada ano da máis protagonismo ás pontecialidades do Castro e que ademais nesta ocasión contará con dous días de actividades.
O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, quixo aproveitar este intercambio entre os campos de traballo para convidar a xantar ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, que aceptou a invitación. A iniciativa de visitar os respectivos campos de traballo foi promovida polos propios campos de traballo para afondar no intercambio cultural e na promoción dos territorios e das súas potencilidades.
O programa da romaría do San Lourenzo é o seguinte:
Venres 10:
11.00 Misa
11.30 Procesión
13.00 Vermú arqueolóxico
Xantar
16.00 Obradoiros arquelóxicos
18.00 Obradoiro de baile tradicional (Rebeca Tallón Armada e Roberto Rodríguez Páramo)
19.00 O Garabelo
20.30 Cea popular
22.00 Concerto de blues no Castro
23.00 Observación das bágoas de San Lourenzo
00.00 Verbena
Sábado 11:
11.00 Recreación de Campamento romano a cargo da Asociación Pax Romanado Arde Lucus.
Obradoiros e exhibicións
Andaina á feira da Pobra do Brollón polo Camiño de Inverno
17.30 Teatro infantil na Área de Samugueiros
18.30 Concerto Ukestra do Mediotamén na Área de Samugueiros.