Aberto o prazo para adherirse ao programa ‘Prende! Bota raíces no rural’

Prende! Bota Raíces no Rural

Aberto o prazo para adherirse ao programa ‘Prende! Bota raíces no rural’

27 Decembro 2019/concello/Xeral

A Área de Promoción Económica e Emprego da Deputación de Lugo presenta o programa ‘Prende! Bota raíces no rural’, destinado a mellorar a empregabilidade no de persoas menores de 30 anos en municipios no rural, entre eles, A Pobra do Brollón.

Concretamente, a través da medida 8.2.3.1, ‘Xérate o teu emprego no rural’, finánciase os custos da formación en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma en materias de sectores concretos: hostalería e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medio ambiente.

O programa destínase a mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude. Os solicitantes deben estar empadroados nalgún municipio de menos de 5.000 habitantes (a lista completa está na convocatoria) e estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil. 

As persoas beneficiarias percibirán unha axuda económica mentres participen na formación para cubrir os gastos de 13,45€ por día de asistencia completo. As actividades e prazas ofertadas pódense consultar nas bases do programa. 

O prazo para presentación de solicitudes está aberto ata o día 20 de xaneiro de 2020. Pode presentarse vía telemática a través da sede electrónica ou en papel.

Na sede electrónica da Deputación está a información completa, así como todos os documentos necesarios para a solicitude. 

Para máis información ou dúbidas os interesados poden poñerse en contacto coa Deputación de Lugo a través do 982.260.204 e do enderezo electrónico
agenciadecolocación@deputacionlugo.org.



RELACIONADO