A Escola de Música 'Samoeiro' abre o prazo de matrícula para o curso 2024-25

A Escola de Música 'Samoeiro' abre o prazo de matrícula para o curso 2024-25

30 Agosto 2024/concello/Cultura

Dende o 30 de agosto ata o 10 de setembro, estará aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2024-25 da Escola de Música municipal da Pobra do Brollón.

A matrícula pode realizarse a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, de luns a venres en horario de mañá (de 10:30 a 13:00 h). A Biblioteca está no segundo andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Tlf. 982 430 546).

As materias a ofrecer serán clarinete, saxofón, percusión tradicional, gaita, baile tradicional (iniciación e perfeccionamento), canto e pandeireta (iniciación e perfeccionamento) e coral con Alfonso Campos. O resto das materias serán impartidas por Iago Domínguez (baile de perfeccionamento, canto e pandeireta) e Lois Prado (percusión, gaita, clarinete, saxofón e baile de iniciación).

As clases comezarán a semana do 16 de setembro. Os horarios concretaranse con anterioridade en función das necesidades do alumnado e posibilidades. Para facilitar a conciliación, as clases infantís poderanse realizar á saída do colexio.

Información sobre o pago

A matrícula nunha materia terá un importe de 110€ para o curso completo. Cada materia adicional terá un importe de 60€.  O pago será anual con posibilidade de fraccionar o pago.



RELACIONADO