A duodécima edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón celébrase este venres 6

A duodécima edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón celébrase este venres 6

03 Decembro 2024/concello/Cultura

Este venres 6 de decembro a partir das 6 da tarde celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de doce agrupacións procedentes tanto da Pobra como doutros municipios da bisbarra.

Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e Vella Taberna na Pobra do Brollón; O Fogón en Cereixa e Salanova en Salcedo.

O circuíto rematará arredor das once da noite, aínda que a idea é que a música continúe polos bares a modo de ‘foliada expansiva’. O ano pasado xa se suprimiu o remate na Casa da Cultura para favorecer que o ambiente festeiro se manteña nos locais de hostalería.

Nesta duodécima edición, tras o éxito do ano pasado, repite a formación Son do Brollón, composta por nenas e nenos da Escola municipal de Música Samoeiro. É unha das tres agrupacións locais participantes, xunto con Os Somontanos e Cantareiras de Fornelas.

A agrupación local Corenta e Chinco finalmente non participa debido ao accidente sufrido recentemente por un dos seus compoñentes. No seu lugar, incorpórase o grupo Abertal de A Rúa.

Doutros concellos, tamén participan tres grupos de Chantada –Searas, O Trespés e Dakidoasma–, Ministreles (Monforte), Os Bochetas (Sober), As Macizas Centrais (Trives), Son do Mao (Bóveda) e O Recanto (Quiroga).

Dende o Concello da Pobra do Brollón, lembramos ademais que continúa o Concurso de Tapas da Guimaralia, sendo este xoves 5 o último día para degustar os pinchos e participar na votación popular.



RELACIONADO