Revive 40 anos de historia da lendaria banda de punk vasca La Polla Records con 'No somos nada', última proxección do Ciclo Mestre Mateo. Será este domingo 26 ás 19:00h na Casa da Cultura 'Olga Novo'.
Con motivo dunha xira sorpresa tras anos de silencio, o carismático vocalista Evaristo Páramos fai memoria dende a súa aldea en Euskadi para narrar a rocambulesca historia da banda.
O seu relato enrédase con cancións, fotografías, animación e vellos vídeos. O filme foi finalista a Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo.
O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón.