Como axudar ás persoas damnificadas pola guerra en Ucraína

Como axudar ás persoas damnificadas pola guerra en Ucraína

24 Marzo 2022/concello/Xeral

Son moitos veciños e veciñas que amosan a súa solidariedade ante a guerra en Ucraína e que queren colaborar para axudar ás persoas afectadas. 

O Concello da Pobra do Brollón pon a disposición unha conta bancaria solidaria para que veciños e veciñas poidan facer as súas achegas solidarias. A totalidade das achegas serán transferidas á ONG Médicos Sin Fronteras, que está a dar apoio á poboación ucraína afectada.* 

O número da conta solidaria é ES87 3070 0011 1563 1793 1027 (Caixa Rural da Pobra do Brollón).

A Xunta de Galicia, a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias), a Coordinadora Galega de ONGD xunto con once Organizacións Non Gobernamentais, emitiron un comunicado pedindo que as accións de solidariedade se canalicen a través de doazóns económicas mediante as ONG Humanitarias que traballan na zona.

Coordinar as axudas a través de estes organismos é o xeito máis efectivo e coherente de colaborar. As doazóns en especie están desaconselladas, xa que é un tipo de axuda menos eficiente. 

No comunicado tamén se recorda que, desgraciadamente, os problemas desta crise humanitaria en Ucraína van perdurar, polo que as axudas van ser válidas durante moito tempo.

Compartimos a continuación algúns enlaces con máis información sobre como colaborar:

*A aquelas persoas que o soliciten se lles emitirá un certificado asinado polo Secretario do Concello, pero aos efectos de desgravación fiscal por donación pode non ser válido ao non tratarse dunha ONG. Neste caso, as achegas deberíanse facer directamente mediante as ONG Humanitarias que traballan na zona.



RELACIONADO