Ciclo de charlas 'Desenmascarando o Entroido'

Ciclo de charlas 'Desenmascarando o Entroido'

28 Xaneiro 2023/concello/Cultura

O vindeiro venres, o antropólogo Rafa Quintía abre o ciclo Desenmascarando o Entroido coa súa charla "O Entroido en Galicia: Ritos, oficiantes e significados".

Será o 3 de febreiro ás 20:15 na Casa da Cultura 'Olga Novo', A Pobra do Brollón. A entrada é libre.

As seguintes charlas serán a cargo do artesán X.M. Seixas, cunha exposición e conversa sobre máscaras (venres 10), e Felipe Castro, que falará sobre o Entroido en Salcedo (venres 17).



RELACIONADO