O Concello da Pobra do Brollón organiza unha excursión para realizar o circuíto termal do Hotel Balneario Iberik Augas Santas, en Pantón.
Será o mércores 9 de abril, con saída en bus ás 10:30 dende diante do antigo cuartel da Garda Civil na Pobra do Brollón.
O prezo por persoa é 21€, que dá acceso ao circuíto de 90 minutos de duración. O transporte é gratuíto, facilitado polo Concello da Pobra do Brollón.
A actividade está dirixida a maiores de 18 anos e as prazas están limitadas a 20. As reservas deben realizarse ata o venres 4 de abril na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro' (teléfono de contacto: 982 430 546).