Abre o prazo de matrícula na Escola de Música do 21 ao 30 de setembro

Abre o prazo de matrícula na Escola de Música do 21 ao 30 de setembro

20 Setembro 2023/concello/Cultura

Dende este xoves 21 de setembro ata o 30 de setembro, estará aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2023-24 da Escola de Música municipal da Pobra do Brollón.

A matrícula pode realizarse a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, os luns en horario de tarde (de 15:30 a 20:00 h) e de martes a venres en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 h). A Biblioteca atópase no segundo andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Tlf. 982 430 546).

Tras realizar a preinscrición e coas respostas obtidas, finalmente as materias e horarios serán os seguintes:

  • Xoves pola tarde: Percusión tradicionalGaitaClarineteSaxofón
  • Venres pola tarde: Baile tradicional (infantil) e Iniciación ao Baile tradicional
  • Sábados pola mañá: Iniciación a Canto e PandeiretaCanto e PandeiretaBaile tradicional
  • Sábados pola tarde: Coral con Alfonso Campos

A materia de Gaita ofrecerase tamén os venres pola tarde, en función das necesidades do alumnado. 

Para facilitar a conciliación, as clases infantís tanto xoves como venres de Percusión e Baile, realizaranse á saída do colexio.

As clases dos xoves e venres son a cargo de Lois Prado e as do sábado, de Iago Domínguez.

As clases comezarán o xoves 5 de outubro. Informarase ao alumnado dos horarios definitivos o máis axiña posible.

Información sobre o pago

Os prezos terán un pequeno incremento para adaptalos á subida do IPC dende a última revisión en 2021. 

Así, a matrícula nunha materia para persoas empadroadas na Pobra do Brollón terá un importe de 110€ para o curso completo. Para persoas non empadroadas, será de 130€. 

Por cada materia adicional, tanto empadroadas como non empadroadas deberán aboar 60€.  

O pago será anual con posibilidade de fraccionar o pago.

 



RELACIONADO