O día 24 baixou o Apalpador ao noso concello, acompañado dunha agrupación de músicos locais. Empezou o seu percorrido no Centro de Día, onde foi recibido con entusiasmo e incluso botou algún baile. Despois, el e o seu séquito de músicos foron cara o centro da Pobra, onde apalpou e repartiu caramelos a quen cruzase polo seu camiño.
A recuperación desta figura tradicional do Courel trátase dunha das propostas da programación de Nadal da Pobra do Brollón, que se pode consultar ao completo nesta ligazón.