15 formacións participarán na VIII edición dos Cantos de Taberna

15 formacións participarán na VIII edición dos Cantos de Taberna

05 Decembro 2018/concello/Cultura

A Pobra do Brollón celebra o 8 de decembro a VIII edición dos Cantos de Taberna. Nesta ocasión daranse cita no Concello da Pobra 15 pandillas, 4 delas do municipio e o resto vidas da provincia da Coruña, da de Lugo e de Ourense, de lugares como A Rúa ou Trives, ademáis participarán grupos da comarca, do Saviñao, Chantada e Sarria.

Ás 16.30 os grupos participantes acudirán ao Concello para coñecer os itinerarios que os levarán polos 6 establecementos que participan no Concurso de Tapas que remata este venres. A partir das 17.00 horas do sábado comezarán os Cantos de Taberna que se pronlongarán ata ao redor das 23.00.

Participarán:

OS CORENTA E CHINCO BOYS

SEARAS

CON TON E SON

AS RECUNCADAS

OS SOMONTANOS 

OS ESTOUPAFOLES

SON DO MAO

SÓMOSCHE D’HERBAS

CANTAREIROS DA UNIÓN

DE MARCÓN PRA RIBA

SKACHACUNCHAS

OS TABERNÍCOLAS

OS AMIGOS DO CALDEIRO

OS PARRANDAS

AS MACIZAS CENTRAIS

Podían chegar a ser case 20, pero por problemas de última hora houbo catro grupos que non poden acudir. O día 8 é un día de festa no concello, se queres participar só tes que vir e sumarte á troula. 



RELACIONADO