Xornadas Audiovisuais “Un universo de cine no teu concello”

Xornadas Audiovisuais “Un universo de cine no teu concello”

21 Xuño 2018/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón a través do GDR Ribeira Sacra – Courel acolle estas xornadas destinadas a rapaces/zas de entre 12 e 16 anos.

OBXECTIVOS DAS XORNADAS:

  • Que @s moz@s coñezan conceptos básicos das distintas fases do  proceso de produción e realización audiovisual.
  • Que @s moz@s se acheguen ás potencialidades que ten a imaxe en movemento, nun momento no que o dixital manda e o audiovisual como contido de calidade se convirte nunha peza clave.
  • Que @s moz@s se convertan en masa crítica á hora de analizar a multitude de produtos audiovisuais que nos rodean. Que coñezan o traballo  que hai detrás do que despois se ve. 
  • Poñer en valor o territorio. Que @s alumnos coñezan outros modos e outras formas de ver para achegarse aos seus concellos. 
  • Que vexan o seu concello desde outro punto de vista, como “esceario” dunha grabación para que a xente o coñeza. 
  • Que queiran mostrar o mellor que ven no seu concello e que fagan partícipes aos adultos.
  • Cada concello tería a súa peza audiovisual cux@s autor@s serían @s rapaces/zas 

CONTIDOS DE CADA XORNADA

Xornada I Presentación e obxectivos. Teoría da produción documental e do guión. 

Parte práctica: 

Proxecións

Evolución das vídeocámaras nos últimos 25 anos.

Posta en común para preparación do guión

Xornada II:Guión e grabación

Parte práctica:

Posta en común das propostas de guión para perfilar un guión final (analizar os pros e contras das diferentes ideas)

Saída á capitalidade municipal para grabar c@s rapaces/zas os escearios da capitalidade municipal escollidos por el@s. 

Xornada III:Rodaxe, novas técnicas. Visionado do material. Remate do guión.

Parte práctica:

Timelapse. Explicación da técnica básica e grabación.

Visionado do material. 

Readaptación do guión en base ao material que hai.

Que @s alumn@s vexan como se vai construíndo a historia.

Xornada IV Montaxe e postprodución

(Os planos suxerid@s pol@s alumn@s no resto da capitalidade municipal grabaranos os profesionais de Némesis Audiovisual encargad@s de impartir as xornadas e aqueles alumn@s que o queiran facer pola súa conta e dispoñan de móbil. Na xornada IV presentarase un boceto de montaxe que se completará cos alumn@s nesta xornada).

Parte práctica:

Funcionamento do programa de edición e nocións básicas de montaxe.

Realización da montaxe final.



RELACIONADO