A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA por nevaradas. No ámbito xeográfico Lugo ( Centro e Sur) a partir das 20.00 h. de hoxe martes poderanse iniciar acumulacións de neve que poderán superar os 6 cms. (nivel laranxa). Ademais haberá acumulacións de neve en 24 horas por riba dos 4 cms. en cotas a partir de 300-400 metros, prevéndose as maiores acumulacións nas zonas da montaña de Lugo. Desde as 00.00 horas do mércores 28 de febreiro poderá nevar a nivel do mar.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia lembran que se precisan máis información poden chamar ao 112 ou consultar as webs de AEMET e METEOGALICIA, entre tanto recoméndase tomar as precaucións necesarias e se é posible evitar circular.