Volve o Club de Lectura da Biblioteca 'Antonio Reboiro'

Volve o Club de Lectura da Biblioteca 'Antonio Reboiro'

29 Setembro 2026/concello/Cultura

Volve o Club de Lectura da Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'. Neste novo curso, as lecturas achegarán clásicos da literatura universal aos e ás participantes. O Club xuntarase os mércores ás 19:00, aínda que este horario poderase modificar en función do grupo.

No primeiro trimestre, o moderador Sergio Rodríguez propón unha viaxe pola cultura de Estados Unidos a través de relatos de grandes autores e autoras como Nathaniel Hawthorne, Ernest Hemingway, Zora Neale Hurston, Shirley Jackson, e moitas e moitos máis.

O material de lectura será proporcionado pola Biblioteca municipal da Pobra do Brollón. O Club comezará o vindeiro mércores 7 de outubro.

Para participar simplemente hai que anotarse na Biblioteca no teléfono 982430546.



RELACIONADO