Abre o prazo de matrícula para o curso 2026-27 da Escola de Música municipal Samoeiro da Pobra do Brollón.
A matrícula pode realizarse do 16 ao 29 de setembro a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, de luns a venres en horario de mañá (de 10:30 a 13:00 h). A Biblioteca está no segundo andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Tlf. 982 430 546).
As clases comezarán o xoves 1 de outubro, excepto as clases de baile tradicional e canto con pandeireta, que comezarán o 19 de outubro.
As materias serán susceptibles de suspensión se non se completa o grupo mínimo.
As clases ofertadas son baile tradicional e canto e pandeireta, impartidas por Iago Domínguez; acordeón con Hadrián Rei; percusión tradicional e gaita, impartidas por Álvaro Candal. Hai a maiores dúas materias dirixidas a nenos e nenas: música e movemento (4-11 anos) con Hadrián Rei e iniciación á música tradicional (percusión e gaita) (8 a 16 anos) con Álvaro Candal. Tamén continúa canto coral con Alfonso Campos.
Todas as clases se desenvolven nas aulas da Escola de Música municipal, excepto baile, que ten lugar no Pavillón municipal e canto coral, que será na Casa da Cultura.
Haberá dúas xornadas de portas abertas da clase de inicación á música tradicional (percusión e gaita), para que os nenos e nenas poidan probar sen compromiso. Serán os xoves 1 e 8 de outubro de 18:00 a 19:00 horas.
Horarios
Información sobre o pago
A matrícula nunha materia terá un importe de 110€ para o curso completo. Cada materia adicional terá un importe de 60€. O pago será anual con posibilidade de fraccionar o pago trimestralmente.